Roteiro literario por Vigo: A viaxe de Manuel Antonio.

02.19.2018

Dentro das actividades que se desenvolven ao longo deste ano 2018 para conmemorar o 90 aniversario da publicación do libro "De catro a catro" de Manuel Antonio, o próximo venres 23 de febreiro ás 10:00 h terá lugar na cidade de Vigo un roteiro literario arredor da figura do poeta.

O paseo, que conta coa participación do alumnado de Turismo, terá como fío condutor a pegada de Manuel Antonio na cidade de Vigo, ademais da súa relación coas vangardas galegas dos anos 20 e as vangardas máis actuais.

Ademais, ao longo desta "viaxe" literaria polo Vigo histórico o alumnado do Club de Lectores do centro lerán algúns dos poemas do libro "De catro a catro".

 

 

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now