Actividades do EDLG:

28.11.2019

No marco das actividades que se desenvolven no noso centro para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), hoxe acollemos á xornalista, escritora e divulgadora Montse Fajardo. Autora de obras como Un cesto de mazás, Matriarcas e Invisibles

Na súa charla, tomou como punto de referencia as historias de mulleres que conta no seu libro Invisibles e falounos da violencia vista desde o punto das mulleres, das vítimas desa violencia, de como podemos non darnos conta das sinais de alarma dentro dunha relación de parella, das dificultades da denuncia ou das maneiras en que podemos axudar desde a sociedade a esas muleres que se atopan atrapadas nunha situación extremadamente complicada.

28.11.2019

Son as irmás Ania e Aida Ro Vizcaya. Parabéns para elas polo seu magnífico traballo!

20.11.2019

Como tódolos anos, o Magosto foi a ocasión de xuntarnos arredor das castañas, dos bolos preñados, da boa música galega e de disfrutar da compaña de alumnado e profesorado. Este ano celebrámolo o xoves 14 de novembro.

Aproveitando  a ocasión convocouse o Concurso de decoracións de outono.

A decoración gañadora foi a elaborada por dúas alumnas de 2º de CM de Confección e moda, as irmás Aida e Ania Ro Vizcaya:

05.11.2019

Un ano máis celebramos o Samaín decorando as portas das aulas. No concurso de decoración de porta participaron moitos dos grupos do noso centro. Velaquí algunhas das creacións coas que ilustraron a festa:

A clase gañadora nesta edición foi 2º CM Confección e moda. Parabéns!

21.05.2019

O xoves 16 de maio e, como colofón ás actividades desta Semana das Letras Galegas, levamos a cabo unha serie de actividades no patio central e nos corredores exteriores do noso centro.

O acto de homenaxe a Antonio Fraguas comezou cunha charla de Julio Alonso, profesor do departamento de Química, que nos falou da historia do noso centro e de como foi mudando co paso dos anos.

A continuación, Carlos Suárez, alumno de 1º do CS de Dirección de Servizos de Restauración, fixo un percorrido pola vida e a obra de Antonio Fraguas, salientado a súa contribución á conservación da sabedoría tradicional do pobo galego.

 A exposición de obxectos tradicionais ( sella, barricas, garrafóns, máquina de madeira para facer manteiga , ferros de pasar roupa, máquina de coser, cestas, apeiros de labranza, basoiras de xesta, etc.) serviu de marco para o desfile de traxe galego, presentado por alumnado de 1º do CS de Xestión de aloxamentos Turísticos, que nos describiu peza a peza os traxes e que colaborou de man...

15.05.2019

Durante toda esta semana tivemos unha pequena mostra etnográfica no hall do centro centrada no traxe galego como homenaxe a Antonio Fraguas e á súa obra "El traje gallego"

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now