Con motivo da celebración dos días de Rosalía e Manuel Antonio e debido a que este ano conmemoramos o 90 aniversario da publicación de "De catro a catro" de Manuel Antonio, poñemos en marcha o I Concurso de Micropoemas de amor e soidade, temas centrais das obras destes dous autores.
O alumnado interesado en participar ten que escribir un poema en galego sobre o amor ou a soidade que non sobrepase os 280 caracteres e botalo na caixa de correo do concurso (situada fronte á conserxería) antes do 2 de marzo, incluíndo os seus datos (nome, ciclo e teléfono de contacto).
Os dous mellores poemas poderán gañar unha cea para dúas persoas no restaurante do CIFP Manuel Antonio.