top of page

Taller de graffiti.

Dentro das actividades de celebración do 90 aniversario da publicación do libro "De catro a catro" de Manuel Antonio estamos a organizar un taller de graffitis co obxectivo de potenciar a creación e a arte urbana e poñer en valor a figura e obra de Manuel Antonio.

O taller terá unha duración de 8 horas, repartidas en 4 sesións de 2 horas, os mércores 31 de xaneiro e os mércores 7, 21 e 28 de febreiro de 15:00 a 17:00 h. O taller, que é gratuíto e inclúe todos os materiais necesarios para levalo a cabo, está dirixido a todo o alumnado do centro (non é necesario ter experiencia).

Ademais, o taller inclúe a realización dun graffiti no centro que pasará a formar parte da nosa seña de identidade.

O alumnado interesado ten que inscribirse na biblioteca do centro ata o vindeiro venres 19 de xaneiro.

bottom of page