top of page

Letras Galegas 2021: Unha palabra para Xela Arias

No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.

Ao longo deste mes de maio, iranse publicando pequenas pezas audiovisuais sobre a autora homenaxeada este ano a cargo de persoas que tiveron relación coa autora, dende familiares ata académicos da lingua galega que irán debuxando a súa figura e aportación á nosa lingua e literatura.

Tedes máis información na seguinte ligazón: Unha palabra para Xela Arias - O Portal da Lingua Galega



bottom of page