A Vicedirectora, Begoña Delso, fixo entrega dos agasallos ás alumnas de ZM Confección e moda polo 1º premio acadado no Concurso de disfraces do Entroido 2020, premio que quedara pendente logo da interrupción sufrida durante o confinamento do curso pasado.
PARABÉNS ÁS PREMIADAS E MOITAS GRAZAS POLA SÚA IMPLICACIÓN NAS ACTIVIDADES DO CENTRO!