top of page

Concurso de vídeo Móvete


O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.

Os vídeos que se presenten ao concurso deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os 2 minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os temas que se propoñen son:

  • Móvete co galego

  • Conmóvete co galego

  • Promove o galego

O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º, 2º de Bacharelato ou un ciclo de FP Básica ou de Grao medio e pódese participar en dúas modalidades, individual e/ou en grupo, neste último caso baixo a dirección ou o asesoramento dun/dunha docente, que será responsable do proxecto e a persoa de contacto.

O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema. Valorarase a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.

O premio para o mellor vídeo individual de cada tema consistirá nun teléfono móbil iPhone. O premio para o mellor vídeo en grupo de cada tema consistirá nunha videocámara. Os restantes finalistas recibirán un smartwatch (modalidade individual) e un lote de libros (modalidade de grupo). É importante sinalar que os vídeos serán difundidos a través das contas de Instagram e Twitter do ILG e a través da súa canle de YouTube, de xeito que o vídeo que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso tamén recibirá un premio, unha tableta.

DATA LÍMITE PARA PARTICIPAR: 30 de maio de 2021

Para máis información ponte en contacto co EDLG.

bottom of page