top of page

"Aquela nena de Sarria". Exposición homenaxe a Xela Arias.

Comeza: 04/03/21 | 10:00 | Remata: 15/03/21 | 19:00

Onde: Casa da Cultura | Sarria | Lugo

Exposición elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Sarria e da Real Academia Galega para honrar a Xela Arias no ano en que esta última institución lle dedica o Día das Letras Galegas.

A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias e complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou e ata un conxunto de “Vilariñas”, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu ano. Tamén inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo.

bottom of page