top of page

25 de novembro. Actividades

Co gallo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 2º de FP básica realizou varias actividades sobre o tema.

Visualizamos o vídeo " La historia de Pepa y Pepe", o que nos permitiu reflexionar sobre os pasos que poden conducir a unha rapaza adolescente a ser vítima subindo a escaleira na que chanzo a chanzo se van aceptando como normales condutas machistas. A continuación, elaboraron pancartas en contra da violencia de xénero.

Noutra sesión, fixeron un traballo de investigación na Internet sobre as muleres que morreron neste 2020 vítimas da violencia das súas parellas. Para mdarlle visibilidade a esta lacra e como homenaxe ás vítimas colgaron uns carteis na entrada do instituto, nos que figura o nome das vítimas, a data en que foron asasinadas, o lugar e outros datos de interés.

como colofón desta actividade, unha alumna compuxo unha canción.



bottom of page