top of page

INSPIRACIENCIA, CONCURSO DE RELATOS DE INSPIRACIÓN CIENTÍFICA


Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura
dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
BASES 1. Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica. 2. Os orixinais deben estar escritos en catalán, castelán, éuscaro ou galego. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.
Modalidade e categorías

3. O concurso ten unha única modalidade competitiva:

  • Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras

4. Os participantes poden participar nunha das seguintes categorías:

  • Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.

  • Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos.

5. Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Os relatos dun mesmo participante deben ser orixinais e non se pode presentar o mesmo relato en linguas distintas.

Presentación dos relatos

6. Os orixinais deben presentarse a través do sitio web: inspiraciencia.es. Previamente, os participantes deben rexistrarse. A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa. 7. Os participantes poden acceder á súa conta cun nome de usuario e un contrasinal. O pseudónimo é o nome co que asinarán os relatos. O nome do concursante non será público a non ser que resulte gañador ou finalista. 8. Cada participante pode enviar un relato en calquera das linguas do concurso. Os gañadores dunha edición, para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións. 9. O prazo de presentación de relatos pecharase o 7 de xuño de 2020.

Premios

10. O acto de entrega de premios terá lugar en Barcelona e anunciarase con antelación. 11. O concurso prevé un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público por categoría. 12. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación. 13. A organización do concurso resérvase o dereito de declarar desertos un ou máis premio si se considera que os orixinais presentados non alcanzan a calidade mínima necesaria.

Xurado e criterios de valoración

14. Para os premios institucionais designarase un xurado para valorar as contribucións e propoñer as obras gañadoras. Estará formado por persoas do ámbito da ciencia, a literatura, a arte, a divulgación, e anunciarase previamente.

A comisión organizadora traballa para que os relatos se publiquen na web. Encárgase tamén de facer a preselección de relatos que pasará ao xurado, mediante un sistema de dobre moderación. 15. Para valorar os relatos terase en conta a adecuación á temática, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación. 16. O premio do público decídese a través dunha votación en liña aberta a todas as persoas. O público premia o relato máis votado de cada categoría, con independencia da lingua na que se escribiu. 17. A votación faise sobre a mesma selección de relatos que pase ao xurado. Para votar haberá que rexistrarse. Cada persoa pode dar un voto por relato, sen restrición do número de relatos a votar, a través do formulario habilitado.

Participación

18. A participación neste concurso presupón a aceptación das bases. 19. Os relatos gañadores poderán ser publicados en medios físicos e dixitais, sempre mencionando a autoría.

Barcelona, 16 de marzo de 2020

bottom of page