top of page

Charla de Montse Fajardo

No marco das actividades que se desenvolven no noso centro para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro), hoxe acollemos á xornalista, escritora e divulgadora Montse Fajardo. Autora de obras como Un cesto de mazás, Matriarcas e Invisibles

Na súa charla, tomou como punto de referencia as historias de mulleres que conta no seu libro Invisibles e falounos da violencia vista desde o punto das mulleres, das vítimas desa violencia, de como podemos non darnos conta das sinais de alarma dentro dunha relación de parella, das dificultades da denuncia ou das maneiras en que podemos axudar desde a sociedade a esas muleres que se atopan atrapadas nunha situación extremadamente complicada.

bottom of page