SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

05.10.2019

 

E xa como colofón a estqa semana chea de actividades a prol do uso da nosa lingua, o xoves 16 de maio faremos unha pequena homenaxe á figura de Antón Fraguas.

 

Quixemos integrar nestas actividades os aspectos lúdicos cos etnográficos e dentro destes quixemos aproveitar a vantaxe de contar no noso centro cunha familia profesional do sector téxtil para poñer de manifesto o traballo do autor homenaxeado este ano a prol do traxe galego.

 

Neste senso imos facer unha mostra etnográfica na que se vai destacar o traxe galego, un desfile e a representación dun serán.

 

Para os máis larpeiros tamén haberá degustación de produtos típicos.

 

Non faltará música tradicional nen xogos.

 

Esperamos contar con toda a comunidade educativa do centro!

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now