TEATRO: Language planning a cargo dos Quinquilláns

02.28.2019

Dous membros da LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Este é o fío condutor da obra de teatro á que asistimos co alumnado de 2º de FP Básica o pasado luns 25 de febreiro e que tivo lugar no salón de actos do veciño instituto Carlos Casares. 

Trátase dunha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro  tecida a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.

O espectáculo Languague Planning é unha montaxe  a cargo da compañía Os Quinquilláns , como en anteriores traballos, destaca polo seu carácter cómico e retranqueiro. Deste xeito a risa emprégase como ferramenta para tratar distintos aspectos da lingua e o seu desenvolvemento cotiá.

Ademais de disfrutar dun fabuloso paseo matinal a pleno sol no mes de febreiro, puidemos disfrutar moito co espectáculo. 

 

 

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now