21 de febreiro: Día internacional da lingua materna.
02.28.2019

"A lingua galega: unha oportunidade" foi o título da conferencia que Manuel Núñez Singala, escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC ofreceu no Auditorio do Concello de Vigo e á que asistimos con todo o alumando de FP Básica do centro.
A charla resultou moi amenta e sorprendente. Aprendemos que o galego estaría por número de falantes no posto 136 entre as cinco mil linguas do mundo. Tamén descubrimos que ten unha importante presencia na Internet.
Démonos conta de que a decisión máis intelixente no caso das persoas plurilingües coma nós é a de non escoller entre as nosas linguas, podendo utilizalas todas.
Finalmente fíxonos unha demostración da influenza que exerce o grupo social a través dun experimento que nos deixou sorprendidos.
En resumo, fíxonos apreciar e valorar o multilingüismo e a importancia de manter viva a nosa lingua materna.
Esta charla foi moi valorada tanto polo profesorado coma polo alumnado, de tal maneira que vimos de convidar a Manuelo Núñez Singala a vir ao Manuel Antonio na semana das Letras Galegas. O martes 14 de maio ás 12:00 teremos a ocasión de velo no noso centro para que nos sorprenda de novo. Estamos todos convidados!

