top of page

Certame de recollida de fotografía "As imaxes do Patrimonio"

A Asociación Ponte... nas Ondas! convoca unha nova edición do certame de recollida de fotografía "As imaxes do Patrimonio"

Con esta iniciativa preténdese que se recuperen e difundan fotografías antigas con valor patrimonial, para que poidan ser usadas e traballadas no contexto escolar e dadas a coñecer á poboación en xeral.

No concurso pode participar todo o alumnado das escolas de Galicia e do norte de Portugal.

Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías que foran tiradas en datas anteriores a 1970.

As bases completas e o formulario para enviar as imaxes están nesta ligazón:

bottom of page