25 de novembro, día internacional contra a violencia machista.
11.28.2018
Co gallo desta conmemoración, o EDLG en colaboración coa Coordinación da Biblioteca organizou unha campaña de concienciación do alumnado. Repartiuse un manifesto para cada clase no que se comprometían a denunciar calquera tipo de agresión, de discriminación, de actitude machista ou de problema de violencia de xénero que poida xurdir na aula e de declarar as súa aulas como "espazo libre de machismo".
Tamén se elaborou e se distribuiu polo centro cartelería con mensaxes de apoio a esta campaña.





Please reload