O EDLG e o alumnado da FP Básica participaron nun proxecto transfronteirizo sobre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional.

06.18.2018

No presente curso o alumnado da FP Básica de Cociña e restauración e da FP Básica de Tapizaría e cortinaxe do CIFP Manuel Antonio participou no Plan Proxecta: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa colaboración do profesorado do departamento de idiomas que imparte docencia nestes ciclos.

Con esta actividade o alumnado aproximouse, a través da metodoloxía do traballo por proxectos, ao coñecemento da cultura local e tradicional, promoveuse o uso da lingua galega e o interese polo patrimonio material e inmaterial, recompilouse información e documentáronse os resultados coa incorporación das TICs.

O traballo de investigación elaborado polo noso alumnado sobre o léxico tradicional galego relacionado coa hostalaría e co téxtil incorporarase ao Tesouro do léxico patrimonial galego-portugués, desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega, onde estará a disposición de todas as persoas interesadas para a súa consulta.

O programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é unha acción do Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP).

Máis información no seguinte enlace: i.gal/plan-proxecta

 

 

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now