Celebración do día das Letras Galegas 2018.

05.17.2018

Onte celebramos a 56 edición do día das letras galegas, e como naquela primeira edición, dedicada a Rosalía de Castro, este ano tamén é unha muller, Maria Victoria Moreno, quen recibe este galardón.

Para celebralo o noso centro ven de organizar unha xornada de reivindicación da muller galega nas letras, contando coa escritora, poeta e activista da Plataforma de crítica feminista A Sega, Emma Pedreira, e coa representación teatral da obra "Elisa e Marcela, unha historia de amor a contratempo", de A Panadaría.

Para rematar a xornada de mañá o alumnado de 1º curso de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos organizou un flasmob para conmemorar a data.

Na quenda de tarde falamos de divulgación científica en galego, resaltando o papel das galegas e dos galegos na ciencia, cunha conferencia a cargo de Manuel Vicente, divulgador científico e director do programa Efervesciencia da Radio Galega.

 

 

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now