Obradoiro de Slam.

05.07.2018

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Slam, de 2’5 horas (impartido por Silvia Penas):

Obxectivos:

  • Saber e coñecer que é o Slam

  • Achegarnos á composición de textos propios: humorísticos, líricos, épicos, clásicos...

  • Ler e interpretar os textos poéticos

  • Educar a voz

  • Experimentar coa música

O obradoiro terá lugar o martes, 22 de maio de 2018 no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2) de 18:00 a 20:30.

Para se inscribir é necesario ser maior de 16 anos e enviar os seus datos (nome completo, idade e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñendo no asunto: obradoiro slam).

 

 

Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now